martes, 14 de diciembre de 2010

Folga de estudantes da USC o día 16

Os estudantes reunidos en Asamblea decidiron convocar unha folga que afecte a toda a USC coa que presionar para a consecución dunha serie de reclamacións onde as principais son o mantemento de convocatorias e de asignaturas nos planos de extinción.

Animamos pois a secundar a folga e a acudir á manifestación do xoves 16 ás 12:00h. na Praza de Toral.

No hay comentarios:

Publicar un comentario