viernes, 17 de diciembre de 2010

Sobre a folga do día 16.

A folga do día 16 na USC, coa asistencia á manifestación de centos de persoas, foi un éxito para o alumnado universitario compostelán, e deu lugar, sen embargo, a reaccións moi diversas.

Para comezar, poderíamos analizar a noticia ofrecida polo periódico La Voz de Galicia o día 17, onde se converte unha manifestación convocada por unha asemblea aberta de estudantes, con xente militante ou non noutros grupos, nun acto organizado por diferentes organizacións, e se ben é certo que Sindicato de Estudantes, Comités e MEU reuníronse co reitor, AGIR non ocupou a Casa da Balconada, foron moitos estudantes que non querían quedar papando co frío deixando que Casares Long saíse sen ver ós alumnos. Que houbese membros de AGIR nese acto, non significa que fosen eles, e de feito, na súa páxina, ben se pode ver non se atribúen a acción, algo coherente pola súa parte.

Igualmente vemos que mostra unha votación por sindicatos. A votación, feita de maneira moi trapalleira e na que automáticamente os membros das tres organizacións que actuaron á marxe da asemblea viron, non se sabe como, maioría de xente a favor de reunirse co reitor, era individual e aberta a todo o mundo.

Tamén nos encontramos cun comunicado de Comités desmarcándose "dos acontecementos violentos xurdidos ao longo da mañá da folga estudantil feita pola nosa organización nesta Universidade". Xa choca violentamente que esa folga estivese feita por Comités, e tralo acto de apropiación da loita estudantil, vemos no seguinte parágrafo que pon: "A nosa organización optou por desvincularse do grupo minoritario de estudantes que, amparados na deturpación da propia convocatoria e dun mal entendido asemblearismo, comezaron a mostrar unha actitude violenta e irracional perante as portas da Reitoría da USC e que decidiu unilateralmente ocupar outras dependencias desta Universidade causando importantes altercados na mesma."

Minoría foron as 5 personas que se xuntaron coa reitoría e non os 50 aproximadamente que foron ocupar o edificio, así como por desgracia a maioría da manifestación marchou para casa ante os intentos de terxiversación e manipulación do colectivo asamblear por parte de SE, Comités e MEU. Curioso tamén o non entender o asemblearismo cando eles se apropian da realización da folga. E dende logo non entendemos como actitude violenta e irracional empurrar durante uns segundos unha porta, ¿non era entrar o que se quería dende o primeiro momento? Pois de algunha maneira haberá que facelo, ¿non nos deixan entrar no reitorado? Vaiamos a outro edificio da USC a facer presión. ¿Irracional? Dende logo que non, ¿violento? non creo que violento se lle poida chamar a tirar uns papeis ou abrir un extintor.

Sen máis, esperemos que esta xornada de folga, a parte de facer presión, sirva para desenmascarar ós que respectan as decisións asemblearias e loitan consecuentemente, ou ós que antepoñen unhas siglas e buscan o oficialismo e burocratismo para o progreso dun grupo estudiantil e á posteriori dun partido político.

No hay comentarios:

Publicar un comentario