
Xuventude Ákrata organiza para os días 29 e 30 de Novembro unhas Xornadas de Pedagoxía Libertaria coas que acercar á poboación e debatir sobre este tema. Ambos días as xornadas comezarán ás 17:00 horas. O programa é o seguinte:
29 Novembro a partir das 17:00h.
- Educación: autoridade e liberdade. A cargo do profesor Antonio Vara, do departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social na USC.
- Mesa redonda: ¿Educación obrigatoria e gratuíta? Experiencias da educación na casa, escolas libres e sistema formal.
30 Novembro
17:00 horas.
- Documental: Francisco Ferrer i Guardia
18:00 horas.
- Historia da pedagoxía libertaria dende Ferrer i Guardia ata Pedro García Olivo. A cargo de Eliseo Fernández, Diplomado en Biblioteconomía e Documentación, publicou numerosas obras sobre o anarquismo.
Todos os actos realizaranse na Facultade de Ciencias da Educación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario