O mércores 24 de novembro na Aula Magna de Historia, ás 19:00h, acudirá o Vicerreitor, tralo que se dará paso a unha asamblea de alumnos dirixida a toda a USC, co fin de establecer os mecanismos de loita contra os recortes de convocatorias e a supresión de materias das licenciaturas, así como os diferentes problemas que poidan ter nas diferentes facultades.
En Xuventude Ákrata! temos claro que o estudantado debe autoorganizarse para loitar por unhas dignas condicións de estudo e a participación en asambleas abertas é un bo paso. Lamentámonos sen embargo do afán de protagonismo dos grupos institucionalistas que buscan o crecemento propio e a propaganda a toda costa, utilizando as diferentes asambleas estudantís para sacar as súas faixas e o que é peor, erexirse como organizadores dunha asamblea que partiu da iniciativa da Asamblea de Estudantes de Arte, Historia e Xeografía. As asambleas de estudantes non son conferencias de organizacións nin nada parecido, por iso o que se decida na asamblea debe ser cousa dela e non doutras organizacións, cuxa resposta pode ser a do apoio pero non a usurpación do traballo colectivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario