O estudantado da facultade de Xeografía, Historia, e Historia de Arte, tando de licenciatura coma de grao, decidiu en asamblea unha serie de reivindicacións coas que mellorar a situación que se produce no cambio do programa á boloña, que está a traer consecuencias moi negativas para o estudantado, como o recorte de convocatorias nas asignaturas. A táboa reivindicativa é a seguinte.
- A extinción natural, mantendo as seis convocatorias lexítimas, das licenciaturas, posibilitando o remate do itinerario da especialización.
- Unha mellora dos horarios e o reparto das salas de aulas, así como da oferta docente, revisando todo isto para evitar a solapación de materias antes do prazo de modificación de matrícula.
- Titorías reais nas materias a extinguir e actualización na web dos contidos da materia.
- Un calendario propio de exames das meterias extintas, para non facelas coincidir cos exames de outras materias.
- Igualar o número de convocatorias de Grao ás da Licenciatura, isto é, seis en vez de catro.
- Manter o o CAP a curto prazo, garantindo o dereito dos licenciados a rematar os seus estudos tal e como os comezaron, facendo este de libre acceso, sen límite de prazas e gratuíto.
- Integración do mestrado de educación nos propios estudos de Grao, aumentando a carga de créditos dos mesmos, para qu sexa un itinerario escollíble.
- Moratoria especial para a matrícula nas materias sen docencia.
Organizarase o mesmo día da folga unha manifestación ás 12:00h. dende a facultade ata a reitoría. Xuventude Ákrata! anima a todo o estudantado desta facultade a participar na protesta, así como ós do resto de facultades a organizarse para reclamar unhas condicións dignas para estudar.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario