martes, 14 de septiembre de 2010
Normal que os capitalistas nos difamen. Iso é que o estamos facendo ben.
Bartolomeo Vanzetti definiu aos anarquistas como ``os radicais dos radicais, os gatos negros, o terror de todos os intolerantes, explotadores, charlatáns, mentirosos e opresores. Consecuentemente somos tamén os máis difamados, terxiversados, malinterpretados e perseguidos de todos´´(The Letters of Sacco and Vanzetti) El e o seu compañeiro Nicola Sacco foron incriminados polo estado estadounidense por un crime que non cometeran e foron condenados a morrer electrocutados por ser anarquistas e inmigrantes, despois de ser asesinados polo estado norteamericano foi demostrada a súa inocencia. As palabras de Vanzetti son contra os ataques difamatorios contra o anarquismo, os medios de (des-)información das grandes empresas sempre se dedicaron a terxiversar ou ocultar o anarquismo, dende utilizalo como sinónimo de falta de orde, ata difuminar o orixe do primeiro de Maio, ocultar a máxima información sobre as experiencias revolucionarias feitas polos anarquistas en México, España, Macedonia, Tracia, Bulgaria, Ucraína, Manchuria etc. ocultar a forma de organizarse anarquicamente de moitas tribus onde viven en absoluta igualdade como os bosquimanos. Pero é totalmente normal que os grandes medios de (des-)información dedíquense a difamar o anarquismo, xa que os que desexan preservar o seu statu quo e obvio que intentaran convencer e enganar a xente de que calquera oposición o sistema en vigor non pode funcionar e ten que derivar en caos e desorden. Por exemplo nas antigas monarquias absolutas as palabras república ou democracia eran sinónimo de desorden e caos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario