O próximo día 29 de setembro convocouse unha folga xeral. Ben sabemos que depender de CCOO e UGT para estes temas é mala cousa, pero xa que, ainda que tarde el mal, foi convocada, non podemos senon participar na reclamación de que retiren a reforma laboral, participando nalgunha das diferentes mobilización que se convoquen e participando nos piquetes cando se poida.
A participación nesta xornada de protesta é importante para a mocidade, mesmo para os que todavía son estudiantes. Non esquezamos que nun futuro haberá que traballar, e estes cambios son para longo tempo. O aumento de capacidade para as ETTs, a inutilidade práctica dos convenios colectivos, o abaratamento do despido, etc. son reformas promovidas por entes superiores ó Estado Español, polo que mentres estes organismos (FMI, BM, UE...) non cambien (ou mellor, desaparezcan), será moi complicado realizar unha nova reforma coa que recuperar os nosos dereitos.
Así pois, dende Xuventude Ákrata! animámosvos a que participedes activamente na xornada de folga xeral, preferiblemente á marxe dos sindicatos maioritarios (CCOO e UGT), que non deixan de ser parte activa desta deriva de recortes de dereitos e liberdades que está vivindo a clase traballadora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario