martes, 14 de septiembre de 2010

Anarquismo, breve definición.

O anarquismo é un movemento que ten como finalidade crear a anarquía, anarquía é a ausencia de xefes e superiores.
O anarquismo foi realizado pola acción dos oprimidos máis que como a posta en practica de teorías feitas por intelectuais. A visión burguesa da historia é incapaz de ver a autorganización dos traballadores, sempre divide os movementos en personalismos co nome dun intelectual.
O anarquismo non deriva das reflexións abstractas e dogmáticas dun filosofo ou dun político, senón que procede da aspiración de liberdade e igualdade dos que sofren o autoritarismo. Isto non saca que diversos filósofos e pensadores teorizaran formas de anarquismo o longo da historia, pero ningunha desas teorizacións pode cercar o anarquismo. Aínda así os máis notables dos primeiros pensadores anarquistas como Bakunin, Carlo Cafiero, Kropotkin e outros, non inventaron a idea de anarquismo, senón que a descubriron nas masas explotadas, simplemente utilizaron o seu coñecemento para teorizar sobre esa idea e para propagala. Para Piotr Kropotkin o ``anarquismo tivo o seu orixe na actividade creativa, construtiva das masas que realizaron no pasado todas as institucións sociais da humanidade´´.
O que define a esta idea que é o anarquismo é o seu énfase no ideal de liberdade e igualdade, na busqueda de crear unha sociedade de individuos libres organizados de forma asemblearia e autoxestionaria, en poucas palabras unha sociedade anarquista.
O primeiro en defínese nunha obra como anarquista foi o pensador autodidacta Proudhon. Para Proudhon a anarquía é ``ausencia de señor, de soberano´´ e identifica como señores ``O propietario, o ladrón, o heroe, o soberano, porque todos estos nomes son sinónimos, impoñen a súa vontade como lei e non permiten contradición nin intervención, ...´´
Para Proudhon a critica ao poder empeza pola critica a propiedade privada; xa na súa obra ``Que é a Propiedade? ´´ demostra que a cuestión política redúcese a unha cuestión económica. Tal redución tivo un precedente no pensamento de Saint-Simon e de Fourier, pero a importancia concedida por Proudhon a critica destrutiva da propiedade privada non é tampouco axena a súa condición social, é o único dos primeiros pensadores socialistas que se gañara a vida con traballos manuais xa que pertencía a clase artesanal. Na obra ``Que é a Propiedade?´´ Proudhon nós di ademais de que a ``propiedade é un roubo´´ que a ``propiedade enxendra neceriamente o despotismo, o goberno do arbitrario, o imperio dunha vontade libinosa.´´
Como xa dixemos o anarquismo se establece en torno a exaltación do ideal de liberdade, entendido este como o dereito de ser dono da propia vida, é dicir, posuír total autonomía de decisión sobre o relativo o individuo. Esta liberdade conduce o rexeitamento de calquera autoridade, xa sexa política, relixiosa, económica ou moral. Por iso o anarquista se declara antipolitico, rehacio a participación en calquera goberno. Pero ante todo é a exaltación dun individuo social, un individuo que necesita relacionarse con outros individuos diferentes nunha relación libre, pero un concepto de liberdade baseado na liberdade da totalidade da sociedade, vamos que a limitación ou anulación da liberdade dun membro da sociedade seria unha agresión a liberdade de todos xa que é unha liberdade social e polo tanto todos teñen que ser igualmente libres. A liberdade que promoven os anarquistas esta moi ben resumida nesta cita de ``Deus e o Estado´´ de Mijail Bakunin.``Non son verdadeiramente libre máis cando todos os seres humanos, homes e mulleres, son igualmente libres.
A liberdade dos demais, lexos de ser un límite ou a negación da miña liberdade, é o contrario a súa condición necesaria e a súa confirmación. Non me fago verdadeiramente libre máis que pola liberdade dos demais, de sorte que canto máis numerosos son os homes libres que me rodean e máis vasta e a súa liberdade, máis extensa, máis profunda e máis ampla se volve a miña liberdade´´ Esta forma de entender a liberdade dará lugar ao carácter autoxestionario da organización social anarquista. A autoxestión é tan importante porque implica que ``os traballadores fan as súas propias regulacións e deciden cando e como e onde se fan as cousas´´ e se liberan ``da terrible escravitude do capitalismo´´ como di Voltarine De Cleyre. Temos que ter en conta que o anarquismo oponse a toda economía que teña por base a dominación e a explotación como o escravismo, como o feudalismo, como calquera forma de capitalismo (o capitalismo liberal, o capitalismo keynesiano, o capitalismo de estado dos estados leninistas, o capitalismo neoliberal etc.)
Como dixemos o principio o anarquismo e a oposición a xerarquía, e a anarquía é a ausencia de xerarquía vamos ausencia de xefe ou superior. A xerarquía é por definición unha desigualdade de poder, vamos que uns mediante uns mecanismos de poder oprimen a outros. Como é o capitalismo que se basea na dominación duns poucos que se apropiaron da terra e dos medios de traballo é explotan a maioría da poboación, o patriarcado que é a dominación do home sobre a muller,etc. A máxima organización xerárquica é o Estado, porque o Estado é un conxunto de mecanismos que monopolizan a coacción por parte dunha minoría gobernante sobre un territorio e a poboación que vive nese territorio, polo tanto o Estado é un mecanismo que fomenta desigualdade na sociedade entre outros moitos anteriores a él como patriarcado.
Unha sociedade sen xerárquicas so e posible nunha organización horizontal onde todos os individuos teñen a mesma voz, pero isto non basta porque podería impoñerse a maioría sobre a minoría, para que as minorías teñan o seu espazo e a súa liberdade, a organización ten que ser descentralizada para que todas as partes manteñan a súa autonomía e poidan saír cando lles pareza oportuno. Así, a construción da nova sociedade formulase baixo a libre unión de comunas libres, caracterizada por unha lóxica federalista e descentralizada. E dicir, unha unión, dende abaixo hacia arriba, de asociacións de individuos que se constituirán en comunas e que, a súa vez, poderán asociarse entre elas mediante contratos federativos revocables por calquera parte en calquera momento. Nestas comunas ou municipios libres se garantiraa a liberdade dos individuos e o seu desenvolvemento en canto a que cada un poida ter os medios necesarios para o progreso da súas diversas facultades e na súa ocupación laboral.

No hay comentarios:

Publicar un comentario