Un tercio dos dous millóns que, segundo a Xunta, vai costar o despliegue da televisión autonómica con motivo da visita do Papa a Santiago o 6 de novembro, acabará en mans do capital privado. Esgrimindo a «magnitude do acontecemento» e que precisa «garantir a [súa] óptima transmisión», TVG xa iniciou os trámites para contratar a «empresas especializadas» servizos e medios que lle axuden a cubrir a viaxe, así como a difundilo a través de dous sinais: unha vía satélite para todo o mundo e outra para o público local.
Neste marco, pagará ata 657.260 euros por, entre outras cousas, o uso durante unhas horas de sete enormes pantallas led a pé de rúa, 16 plasmas, un helicóptero para seguir a Ratzinger desde Lavacolla, dúas unidades móbiles, 34 cámaras e suministro de cobertura en 14 puntos da cidade.
Tirado de: La Voz de Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario