martes, 25 de enero de 2011

Remata o feche no Pazo de Fonseca.




Hoxe ás 20:00h. deuse por rematada a ocupación organizada polo estudantado da USC agrupada na Asemblea de Estudantes. Tras a falta de resposta por parte da reitoría, considerouse que o mellor sería gardar esforzos para a vindeira Folga Xeral do 27 de Xaneiro, onde o estudantado ten outra fronte de loita xunto con toda a clase traballadora, xa que as reformas que se queren aplicar atentan directamente contra o noso futuro.

Estes cinco días de protesta remataron cunha concentración na porta da Biblioteca Xeral e coa lectura dun comunicado que en breve supoñemos que saldrá nos medios. O que quedou claro, é que ainda que a reitoría non se digne a poñer por escrito as súas propostas (o que xa nos da unha boa imaxe do valor das súas promesas), o estudantado da Universidade de Santiago non perderá os folgos na súa loita contra o Plano de Extinción e contra as nefastas consecuencias que está a traer o Plan Boloña.

Non aos Planos de Extinción!
Casares Long, queremos solucións!

No hay comentarios:

Publicar un comentario