Anarquismo ou Socialismo Antiautoritario: Movemento político que se opón a todo autoritarismo e xerarquía e busca a eliminación de estas.
Anarquía ou Acracia: Sociedade sen clases sociais nin Estado, onde a organización social e horizontal, asemblearia e libre.
Anarcosindicalismo: Nace a partir do sindicalismo revolucionario e as actividades sindicais anarquistas. O anarcosindicalismo ten como primeira intención a de agrupar a traballadorxs para mellorar o nivel de vida da clase traballadora. Para iso utiliza como medios o boicot, o sabotaxe, a folga, a manifestación, a concentración, acampadas, piquetes informativos etc. E como último fin ten como o de organizar aos traballadorxs para conquistar os medios de produción e facer a revolución social.
Os principios do anarcosindicalismo son a autoxestión, o federalismo, a axuda mutua, o asemblearismo, o anticapitalismo, o antimilitarismo, o internacionalismo e o anticentralismo.
A organización do anarcosindicalismo consiste en que os sindicatos son autónomos, a asemblea é soberana, nunca se delega poder a ningún cargo. Os cargos non poden cobrar un salario polo seu traballo no sindicato, a asemblea pode obrigalos a dimitir ou expulsalos en calquera momento, non poden tomar decisión xa que estas só as pode decidir a asemblea e non poden ter cargos nun partido político. A asemblea esta composta por todxs xs afiliadxs ao sindicato, esta prohibido que se afilien calquera persoa que teña traballadorxs (empresarios, altos cargos administrativos, etc.) tampouco se poden afiliar os que se dediquen a actividades represivas como a policía ou o exercito.Non se ten porque ser anarquista para estar afiliado nun sindicato anarquista basta con respetar os acordos da organización. Un exemplo de anarcosindicato é a CNT.
Grupo de afinidade: É un colectivo moi pequeno formado por persoas unidas por ser amigxs ou coñecidxs. Se organizan de forma non-xerárquica, e a estrutura xeralmente redúcese a coordinación en común entre xente que ten trato entre ela. A gran vantaxe desta forma de organización é súa gran flexibilidade e rapidez de acción, por contra esta limitado a non pasar dos vinte tantos activistas, pero sempre poden formar varios grupos e crear unha coordinadora.
Federación especifica anarquista: Organización exclusivamente anarquista, con intención de organizarse a gran escala para fortalecer e construír alternativas e movementos anarquistas para restar poder o goberno e o capitalismo. Un exemplo de este tipo de organización a nivel da península e por exemplo a Federación Anarquista Ibérica e a Federación Ibérica de Juventudes Anarquistas .
Bloque Negro: Estratexia utilizada tanto polos comunistas autónomos como polos anarquistas, pero foi ideada polos autonomistas alemás nos anos 80. Consiste en bloques de xente que van vestidos con roupas negras e soen levar pasamontañas, cascos, mascaras de gas, escudos etc. Estes bloques teñen como finalidade atacar os produtos do consumismo e provocar danos as grandes superficies comerciais das multinacionais. Nunca poden agredir a outra persoa excepto que sexa en autodefensa, pero aínda sendo en autodefensa a tendencia será evitar recorrer a violencia contra outro.
Desobediencia Civil: Consiste en violar conscientemente a legalidade vixente co fin de suplantar a lei por outro sistema de normas máis xusto socialmente. A desobediencia civil lexitima os sistemas por democracia directa como mellor forma de tomar decisións e completamente oposta a calquera forma de violencia, xeralmente predica un pacifismo radical.É unha estratexia tanto de anarquistas como doutros movementos que buscan máis xustiza social. Este tipo de estratexia foi desenvolvida teoricamente por primeira vez por Henry David Thoreau, e máis tarde o imitaron xente como León Tolstói. Hoxe en día existe un grupo anarquista moi importante na pratica de desobediencia civil, Anarchists Against the Wall. Este colectivo loita polos dereitos humanos, o antimilitarismo, promover o movemento queer e destruir o muro de Cisjordania e o de Gaza.
Propaganda polo feito: Estratexias revolucionarias levadas polos anarquistas a finais do século XIX. Consistían en principio en insurrecións armadas que seguían o exemplo da comuna de París levado a outros municipios, pero dexenerou en atentados terroristas contra monarcas e grandes empresarios. Hai que entender esta estratexia no marco social da súa época.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario