A boa tarde acompañou a manifestación, que marchou tras unha pancarta onde se podía ler "Cultura libre. SGAE non", nun ambiente alegre e onde se corearon lemas como "a nosa cultura non é a vosa usura" ou "la SGAE y su canon me los paso por el ano". Saímos de Mazarelos ata chegar atravesando a zona vella ó búnker que ten a asociación en cuestión como sede do noroeste, que por certo foi unha pena que o encontráramos pechado (non sabemos si foi pola nosa presencia, o certo é que un xoves ás 7 é horario normal de apertura, e segun nos contou un viandante que logo se uniu á marcha, 5 minutos antes da chegada, estaba aberto). Moito medo lle deben ter á xente os "defensores da cultura" para construír semellante mamotreto cos nosos cartos e, no caso de ser por nós, pechar a porta corredoira de aceiro cando chega un grupo a protestar pacíficamente. Dado que gritar contra unha porta resultaba absurdo, prontamente leuse o manifesto que con anterioridade se repartira entre os asistentes á manifestación e viandantes, e deuse por concluída a acción reivindicativa.

O diario gratuíto De Luns a Venres recolleu brevemente a noticia (páx 5).
http://lv.galiciae.com/pdf_files/05032010compendio_4.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario