
Amadeu Casellas sae da prisión
O director do centro penitenciario conclúe que cumpriu oito anos da pena máis da conta.
O preso Amadeu Casellas saíu este mediodía da prisión, despois de vintecatro anos encarcerado. O director do centro penitenciario de Girona unificou os expedientes do antigo código penal e do novo e, unha vez feito os cómputos das penas, concluíu que Casellas cumpriu oito anos de pena que non lle correspondían. Fontes cercanas ó preso explicaron a VilaWeb que xa facía moito tempo que Casellas e os seus compañeiros denunciaban esta situación e que o home estaba cumprindo máis anos da conta, pero os responsables de Xustiza e centros penitenciarios 'sempre o negaran'.
Non foi ata agora que un xuíz comprobou os expedientes e resolveu que Casellas tendría que saír fai 8 anos atrás.
http://www.vilaweb.cat/noticia/3699875/amadeu-casellas-surt-preso.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario