
Moitísima xente acudiu ó xuicio do caso dos 6 de Belgrado. Houbo tamén moita xente de fóra de Serbia, incluído xente das seccións da AIT. Tódalas televisións principais serbias tamén estivieron presentes.
Pouca información saiu do interior dos tribunais, polo que foi un día longo para os solidarios esperando fóra, con todo tipo de rumores contraditorios circulando sobre o que estaba sucedendo no seu interior. As nosas preocupacións aumentaron cando varios anarquistas de Croacia foron detidos cando desplegaron un cartel que decía “O ANARQUISMO NON É TERRORISMO”. Eles xa se enfrentan a un mes de cárcere.
Ás 15:30 horas oíronse fortes aplausos desde dentro do xulgado. Uns minutos máis tarde, seguidores, que foran admitidos no tribunal, saíron para anunciar que os 6 de Belgrado ían ser postos en liberdade baixo fianza. Había moita confusión, pero máis tarde confirmaron que iban ser liberados ata o día 23 de marzo, cando se van enfrentar a cargos por terrorismo.
Pero o feito de que sexan postos en liberdade foi unha gran victoria. Posteriormente, pola noite, os 6 de Belgrado foron informados de que non se lles ía presentar cargos por terrorismo senón só por un cargo menor.
Obviamente os familiares e solidarios estaban eufóricos. Na reunión despois da liberación informóusenos acerca do trato alarmante que recibiron os 6 de Belgrado mentres estaban en prisión.
A loita non terminou, os 6 de Belgrado aínda poderían enfrentarse a cargos graves cando regresen ó xulgado o 23 de marzo. Debemos seguir presionando ó Estado serbio. Pero o feito de que foran postos en liberdade e que se lles retiraran os cargos por terrorismo é unha gran victoria, pero a campaña debe continuar ata que se retiren tódolos cargos e se lle faga responsable ó Estado de Serbia polos seus actos.
¡Viva a AIT!
Anthony Crowther
Secretario en funcións da IWA-AIT
No hay comentarios:
Publicar un comentario