domingo, 29 de abril de 2012

1 de Maio.

Neste Primeiro de Maio son varias as opcións libertarias por toda Galiza, sendo a máis completa (xa que inclúe manifestación pola tarde) as convocatorias ourensanas. Para Compostela, hai manifestación da CNT ás 12:30 dende a Alameda, e tamén existe unha convocatoria dun Bloque Autónomo e Anticapitalista para as 12:30 na Praza Roxa (a manifestación da CIG).

Deste ano, a participación nas mobilizacións do 1 de Maio ten especial importancia pola acuciante crise económica na que nos atopamos e a proximidade da nova folga xeral que o sindicato nacionalista CIG anunciou para a primeira quincena de xuño. A visibilidade na rúa do descontento social será polo tanto un estímulo para que continúe a resposta ós ataques que o estado e o capital están a levar a cabo contra os traballadores, precarios, estudantes, e demáis poboación (o 99% según din) que ten que sufrir na súa vida cotiá o sistema capitalista.

¡Pola memoria dos mártires de Chicago! ¡Pola loita obreira e revolucionaria!

No hay comentarios:

Publicar un comentario