miércoles, 9 de noviembre de 2011

O 20-N non votes.


AÍNDA CRES NELES?

Podo cambiar as políticas co meu voto?

As decisións políticas lévanse tendo en conta as influencias das grandes empresas independentemente do partido que esté no poder, polo que non é efectivo.

Absterse é de vagos ou desinteresados?

Non, a abstención consciente é a abstención activa, unha forma de rexeitamento á clase política que segue a enriquecerse valéndose desta crise que eles mesmos permitiron.

E se voto en branco?

O voto en branco, ó contabilizarse como válido, favorece ós partidos maioritarios debido a que é necesario un maior número de votos para alcanzar un escaño, debido ó reparto pola ley D´Hont. Para evitar favorecer ós grandes, vota nulo ou abstente.

Vale, se non voto, cómo podo participar?

Existen formas de participación directa e real, colaborando en actividades políticas, culturais, etc., a diferentes niveis veciñais, locais ou superiores, tales como asembleas de veciños, estudiantís, no ámbito laboral... sendo dono/a das túas propias decisións e non delegándoas en terceiros.

SE NINGUÉN TRABALLA POR TI, QUE NINGUÉN DECIDA POR TI. ABSTENCIÓN ACTIVA

No hay comentarios:

Publicar un comentario